Como xa se anunciou nas anteriores mensaxes, os traballadores do 112 iniciaron xa as súas mobilizacións. O primeiro obxectivo é a cobertura total do país e a información á cidadanía sobre o problema de precariedade que afecta un servizo esencial para Galiza. Ducias de pancartas e centos de cartaces foron xa achegados ás cidades e vilas máis importantes, como medida de inicio. E nas seguintes semanas, as mobilizacións chegarán a outras comarcas non só para anunciar o problema, senón para explicarllo a unha cidadanía necesariamente interesada.
Traballadores do 112 realizando as pancartas nas instalacións da CIG
Pancarta informando sobre a AC-841, nos Tilos, Teo
Unha das pancartas colocadas sobre a autoestrada AP-9
Pancarta sobre a vía rápida VRG 1.1., en Boiro
Pancarta informando no acceso ao Milladoiro desde Compostela, no Milladoiro, Ames
Pancarta visíbel sobre a N-550, no acceso ao polígono do Tambre, Compostela