2.10.07

POR UN TRABALLO DIGNO

As traballadoras e traballadores do Servizo de Atención Telefónica de Emerxencias 112, estamos contratados pola empresa MK Plan 21, pero o desenvolvemento do noso traballo depende directamente da Administración, nomeadamente da Dirección Xeral de Protección Civil, que á súa vez depende da Consellaría de Presidencia. Levamos máis de un ano demandando que se revisen as nosas condicións laborais pero, até o de agora, nin a Administración nin a empresa atenderon as nosas demandas.

Desenvolvemos o noso traballo no Servizo de Atención Telefónica de Emerxencias, o famoso 112, e vimos denunciando a precariedade na que desenvolvemos a nosa actividade. Son os que atenden as emerxencias ou derivamos aos usuarios cando chaman porque hai un incendio forestal, unha inundación, un accidente de tráfico, unha emerxencia na praia, un infarto ou un gato subido nun tellado... Cando se recibe a chamada de emerxencia temos, á súa vez, que pór en marcha un protocolo e mobilizar a bombeiros, cuadrillas de extinción ou ambulancias. Situacións que requiren dunha formación específica e dunha probada capacidade para soportar o estrés que provocan.

Porén, o pagamento que recibimos da Administración, nomemadamente da Dirección Xeral de Protección Civil, ou o que é o mesmo, da Consellaría de Presidencia, é precariedade laboral. Nun día “normal” 8 persoas atenden ás chamadas de emerxencia recibidas de toda Galiza, por un salario que, nos máis dos casos, non chega aos 800 euros, incluíndo os pluses por noite, domingos e festivos. A responsabilidade e a dedicación que nos requiren como servizo de emerxencias, que inclue mesmo a disponibilidade total no caso de ter asignado un "busca" non se corresponde co precario convenio que nos aplican, o convenio de Telemarketing. Nesta empresa non se pagan as horas extras e a súa compensación en tempo non ten recarga senón que nos devolven hora por hora e en xeral estamos suxeitas á discreccionalidade da empresa pola "necesidade do servizo" que nunca se nos queixo aclarar como se aplica nen que límites ten.

Por iso, e tras do desbordamento do servizo durante a campaña de verán de 2006, na que se produciron decenas de incendios forestais, acordaromos demandar un acordo laboral que recollera as peculiaridades deste servizo e que tivera en conta os tempos de traballo, a disponibilidade, o salario, o traballo nocturno, etc.