Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro da Presidencia, da que depende a Axega e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Mantivo as promesas de Mato e Ruiz Rivas. É o máximo responsábel da situación do conflito e a persoa que podería desbloquealo.
Santiago Villanueva Álvarez
Director Xeral de Emerxencias e Interior. Desde o inicio foi o enviado de Alfonso Rueda para dirixir a política de silenciamento do persoal do 112, que incluiu diversas ameazas de despedimento.
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo. Antes da vitoria eleitoral do PP en 2009 prometeu solucións rápidas e reais ao conflito se o seu partido governaba. Despois da vitoria eleitoral, desentendeuse da situación.


