10.11.11

Denunciar a quen denuncia

Iso é o que pasa cando un cidadán denuncia publicamente que, como resultado dos recortes en servizos de emerxencias, unha ambulancia aumenta o seu tempo de resposta e, consecuentemente, presta un peor servizo. Xabier Aboi, responsábel nacional de Mar na CIG-FGAMT acaba de ser denunciado pola Consellaría de Sanidade por ter "revelado secretos" ao ter anunciado publicamente os tempos de resposta da ambulancia que presta servizo na área de Marín, datos que, por certo, son públicos e consultábeis a través do Parlamento Galego despois de que a Consellaría se vise obrigada a presentalos por requerimento do BNG. 

O compañeiro Xabier Aboi negouse a declarar ao considerar esta acusación como ridícula e carente de sentido, polo que agora compete á Fiscalía decidir se continúa coa "investigación" ou arquiva o caso. Desde o 112, vaia o noso apoio para Xabier Aboi e o persoal de ambulancias que presta servizos precarizdos pola Consellaría que dirixe Pilar Farjas.