Despois de que leven xa ardidas mais de 25.000 hectáreas de zona forestal en Galiza, a CIG ven de solicitar, hoxe mesmo, a demisión do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que ten manifestado reiteradamente a sua incompetencia á hora de xestionar un outubro negro para o noso patrimonio ambiental e forestal.
Desde o 112 vimos manifestando desde hai tempo o noso total apoio aos compañeiros e compañeiras do Spdcif e de Seaga, cos que estamos permanentemente en contacto debido ao noso traballo. É precisamente ese contacto o que nos permite corroborar o diagnóstico que fan e, en última instancia, apoiar tamén a súa exixencia. Samuel Juárez debe demitir.