9.6.11

112 apoia concentracións de Telemarketing por un convenio digno

Desde o 112 seguimos con interese os movimentos relacionados co novo convenio colectivo de Telemarketing - iso que agora chaman Contact Center para despexar a mala prensa da palabra telemarketing. Nun momento en que a patronal está a lanzar, através da CEOE, unha ofensiva desbocada para acabar coas melloras laborais atinxidas polos traballadores nos últimos anos, a patronal de telemarketing (ACCE) mantén bloqueado un convenio que xa expirou en 2009, exixindo despedimento libre para persoal indefinido e temporal e rebaixa salarial.

Desde o 112 levamos sostendo historicamente que o servizo de atención de emerxencias non debería estar sometido a este convenio colectivo. Non obstante, na medida en que as empresas que xestionaron ou xestionan o 112 non recoñecen a especificidade do servizo de emerxencias, non podemos desinteresarnos das reclamacións dos traballadores de telemárketing contra a ACCE. Estas reclamacións están agora nun momento quente, con varios despedimentos. A mobilización continúa.