Velaquí a última de Telemark: chamar aos traballadores ao seu teléfono persoal para citalos individualmente e presentarlles o programa electoral da empresa. Así de simple: soa o teléfono e unha persoa descoñecida que se presenta como Ana Blanco, di que é "compañera tuya" de Telemark e que quere falar contigo para presentarche "nuestro proyecto" en relación ás eleccións sindicais.
Cal é o proxecto de UGT-Telemark xa o sabemos: defender que o persoal de dirección e estrutura da empresa poida votar e tentar atrasar o proceso para que tamén poidan votar persoas doutras contratas. O obxectivo é decantar os resultados eleitorais - por suposto, non ao noso favor. O que aínda non sabemos é quen é Ana Blanco e quen lle facilitou os nosos teléfonos persoais. Ou si?