6.6.08

Continuarán as mobilizacións

Acabamos de coñecer a disposición da empresa MkPlan21 para unha reunión coa Comisión de Negociación que representa o persoal do 112.


Faixa en Esteiro, Muros

[Ler máis para ver as fotografías]



Na xuntanza, que terá lugar o Venres 13 de Xuño, por volta das 10h30, tentaremos coñecer as intencións da concesionaria a respecto das vergoñentas plicas que rexeron a adxudicación da explotación do Servizo. Con todo, a disponibilidade da empresa para a reunión non constitúe, en ningún caso, a paralización das mobilizacións focalizadas na cidadanía. Tal como foi acordado polo Grupo de Traballo e pola Asemblea de Traballadoras/es, á pegada de faixas e cartaces informativos, e ás mesas que se preparan nas principais cidades e vilas, súmanse xa intervencións non perturbadoras no tránsito urbano e unha marcha dos traballadores polas rúas de Compostela.

Faixa en Serra de Outes


Faixa nunha das pontes da vila de Noia