O persoal do 112 comezou tamén unha campaña de información aos medios que colaboran diariamente co Centro de Atención ás Emerxencias, agora mediante unha carta informativa dirixida ás agrupacións de Protección Civil, SMPCs e GRUMIRs, aos diversos corpos de Policía Local, Garda Civil, Policía Autonómica, Bombeiros comarcais e municipais e outros medios, interesados, ademais, en que o 112 preste o mellor servizo posíbel. Na carta, que pode lerse íntegra aquí, explicamos as condicións a que está sometido o noso traballo, o interese da Xunta de Galiza en que resultemos “baratos”, e a firme decisión do persoal de buscarmos o recoñecemento desta situación e a súa solución.